A SELECCIÓN GALEGA PREPARADA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR AUTONOMÍAS.

3 de Xullo de 2019

A localidade madrileña de Tres Cantos acollerá o próximo fin de semana o Campionato de España de Tríatlon por Autonomías e de Tríatlon en Idade Escolar.

Ata Madrid desplazarase a selección galega en calidade de defensora do título de campións de España, xa que o ano pasado o combinado galego alzabase coa victoria en Badajoz.

Andrés Cendán, Antón Ruanova, Alberto Castiñeira, Alejandro Álvarez, Luis Miguel Velasquez e Pablo Dapena serán os encargados de defender as cores galegas en categoría elite masculina. Sara Guerrero, Ana Santiso, Natalia Castro, Saleta Castro, Camila Alonso e Esther Rodríguez compoñen a selección galega elite feminina. En Paratriatlon estará presente Aaron Ortiz. Esteban Basanta, Alejandro Rodríguez, Alexandre Álvarez e Andrés Prieto forman o equipo cadete masculino. O equipo cadete feminino estará composto por, Elsa Pena, Carla Guisande, Nerea García e Henar Cons. Brais Picón e Iago Otero formarán o equipo infantil masculino. María Filgueira e Lucía Piñón serán as representantes infantil femnino. Jonathan Cancela e Adrián Vázquez compoñerán o quipo técnico. Completará a expedición galega a oficial Arantxa Tomé.

O sábado 6 poñerase en xogo o título estatal de tríatlon por autonomías e disputarase o Campionato de España de Tríatlon Escolar. O domingo será a quenda dos relevos mixtos.

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...