NATALIA HIDALGO E ANDRÉS CENDÁN LEVARONSE O IX TRÍATLON CONCELLO DE POIO.

29 de Xuño de 2019

A localidade pontevedresa de Poio acolleu na tarde de hoxe o pistoletazo de saída do Circuito Galego de Tríatlon 2019.
Máis de 200 triatletas deronse cita para lograr facerse coas 22 prazas que se poñian en xogo, para a gran final que se disputará en Pontevedra.

Na proba feminina catro triatletas tomaron a dianteira no séctor de natación. Elas eran, Catarina Pereira e Natalia Hidalgo do Cidade de Lugo Fluvial e Lucía Sánchez do Club Natación Cedeira Muebles García e Myrian López tamén do Cidade de Lugo Fluvial. No segundo segmento Catarina Pereira causaba baixa e chegaba por detrás Aída García López que protagonizaba unha gran remontada. Natalia Hidalgo chegaba a T2 liderando a proba e así fixo ata cruzar a meta. Segunda foi Aída García López representando á entidade organizadora o Club Ciclista Tríatlon Poio. Completaba o podium Myrian López.

En categoría masculina o compostelán Andrés Cendán dominou a proba dende as primeiras brazadas. No primeiro séctor tomou a dianteira seguido por Marcos Vila do Natación Pabellón Ourense e por Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial. Nos 20km de ciclismo o triatleta mexicano Sebastian Rivera protagonizou unha gran remontada conectando co grupo dianteiro. Cendán chegaba líder á T2 e no segmento a pé puido manter o liderato da proba. Segundo era Sebastián Rivera e terceiro Esteban Basanta.

A próxima cita do Circuito Galego de Tríatlon será o 14 de xullo no XXI Tráitlon do Miño en Lugo.

Quizáis che interese…