A SEMIFINAL DO MUNDIAL XUVENIL DE PÉNTATLON DE AROA FREIJE, SUSPENDIDA POLO MAL TEMPO

15 de Maio de 2014

Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) terá que esperar ata mañá para lograr o seu obxectivo de meterse na final do Campionato do Mundo Xuvenil de Péntatlon Moderno que se está a celebrar en Budapest esta semana. Para hoxe estaba prevista a semifinal feminina, pero non puido rematar. Será unha semifinal en dúas quendas. A primeira tivo lugar hoxe e a galega realizou as probas de natación e esgrima, pero non puido celebrarse a de combinada, por culpa da choiva, frío e  vento que impedía a disputa da competición nesas condicións. Desta forma, suspendeuse a semifinal da proba feminina do Mundial de Péntatlon Xuvenil, en principio, ata mañá.

Ata ese momento, as cousas estaban transcurrindo moi ben para a galega. Aroa, que competía no Grupo B, fixo o mellor tempo da súa semifinal (e o terceiro mellor tempo das 90 participantes) na natación e cumpriu na esgrima, enfrontando a combinada na undécima posición da clasificación xeral provisional da súa semifinal (dun total de trinta deportistas). Para a final se clasifican as nove primeiras, polo que a lucense necesita subir dúas posicións na tabla. En principìo, este reto debería ser posible, xa que a combinada é unha das especialidades de Aroa e normalmente escala moitas posicións. Ademais, a deportistas atópase moi animada polas boas sensacións que tivo nesta primeira xornada do Mundial Xuvenil.

Hai que recordar que Aroa Freije aínda é cadete, polo que ten moito máis valor o seu magnífico rendemento na proba. Para mañá tamén está prevista a disputa da semifinal masculina, con Raul Blanco, se o tempo o permite.

 

Quizáis che interese…