ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS EN PONTEVEDRA

8 de Marzo de 2023

  • Xa están abertas as inscricións dos Grupos de Idade para a Gran Final das Series Mundiais de Pontevedra
  • A competición celebrarase do 20 ao 24 de setembro
  • O prezo das inscricións está subvencionado pola FETRI cun desconto do 50%

Tras o acto de izado da bandeira o pasado venres, este martes, 7 de marzo, abríronse as inscricións dos Grupos de Idade. Un evento que pasará a historia xa que, por primeira vez, a cita máis importante do tríatlon mundial celebrarase en España.
O prezo das inscricións está subvencionado con un desconto de ata o 50% pola FETRI.

Pontevedra acollerá o gran evento do ano. Do 20 ao 24 de setembro, a cidade galega recibirá aos mellores triatletas do mundo e aquí decidiranse os campións do mundo de tríatlon Élite, Sub23 e Paratríatlon, así como os campións mundiais de distancia Olímpica, Súper Sprint e Aquabike por Grupos de Idade

Información e inscricións, aquí.

 

Quizáis che interese…