Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (2 de febreiro de 2022)

2 de Febreiro de 2022

A  Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon reunida o mércores 2 de febreiro de 2022 ás 20:15 h.,  aproba os seguintes acordos.

-Modificacións do calendario oficial

  • 13/03/2022.- Dúatlon Cidade de Lugo (Proba do Circuíto de Dúatlon de Estrada)
  • 17/05/2022.- Duatlón das Letras de Baio (Proba do Circuíto de Dúatlon Cros)
  • 02/07/2022- Triatlón Cros Concello de Rianxo- Campionato Galego de Tríatlon Cros

– Regulamentación Aprobada

Avaliada a situación dada na primeira proba do circuíto valorase e revisase  como equilibrar as carreiras de circuíto para acomodar ao maior número de deportistas favorecendo a participación e  sen prexudicar a organizadores, clubs e deportistas.

  • Acórdase as seguintes modificacións do Regulamento de Competicións da FEGATRI
  • 1.- Eliminase  o Artigo 4.1.c) .- Quedando polo tanto unha única clasificación das dúas carreiras de circuíto por orde de tempos
  • 2.- Modificase o artigo 6.6 b)  quedando redactado do seguinte xeito .-  .b) Elaborarase unha única clasificación por tempos con todos os deportistas das dúas carreiras.
  • 3.- En relación ao artigo 7.5.- do Regulamento de Competicón da FEGATRI aclarase que  no caso de haber varias saídas os títulos de campionato galego de GGEE serán outorgados ao resultado da clasificación conxunta das saídas realizadas.  En relación á proba de Campionato Galego de Media Distancia cuxo título foi outorgado ao Desafío Islas Cies, o Campionato Galego de GGEE de Tríatlon de Media Distanciasaírá dunha clasificación conxunta da saída Pro e GGEE.

Levántase a sesión ´ás 21:15

Quizáis che interese…