Máis de 250 duatletas movéndonos por Poio

Duatletas - Duatlon Movendonos por Poio

11 de Febreiro de 2022

Esta fin de semana comeza unha nova tempada de Dúatlon de estrada en Galicia coa celebración da IV Edición do Dúatlon Movéndonos por Poio, organizado polo Concello de Poio e o Tríatlon Poio250 duatletas estarán en Poio este sábado a partir das 15:00 horas coa saída masculina sen corte, para dar paso a proba masculina con corte ás 17:00 e a proba feminina ás 17:15 horas.

duatlon concello de poio_duatletas

Recordamos a tod@s @s triatletas que xa temos dispoñible a reunión técnica da proba na nosa páxina web a través do seguinte enlace e tamén podedes consultar os dorsáis provisionais na páxina do evento.

Unha proba que segue crecendo e que seguro será do agrado de todos os participantes, como aconteceu o ano pasado coas victorias de Aída Valiño e Pablo Dapena. Os organizadores teñen preparado novos recorridos tanto na carreira a pé como no sector de bicicleta.

Moita sorte a todos os duatletas e vémonos mañá en Poio. 💪

Quizáis che interese…