Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (2 de maio de 2023)

3 de Maio de 2023

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o luns 2 de maioo de 2023 ás 20:00 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:

1.- Modificacións regulamentariasCronometraxe de competición.

O presidente expón que se recibiu unha queixa en relación ao aluguer ou merca de chip para algunhas probas federativas aboando unha cota a un proveedor externo. Valorase a situación e a regulamentación que se está aprobando, así coma o feito de estar na metade da tempada e con regulamentos aprobados en funcionamento e acordase promover  de cara á regulamentación da nova tempada 2024,  a inclusión dun artigo que prohiba cobrar tasas a maiores a ningún deportista pola merca ou aluguer de chip. A estes efectos adquirese o compromiso de contactar cos organizadores  e solicitar que o xestionen coas empresas de cronometraxe que elixan para as súas probas para dar cumprimento ao mesmo.

2.- Calendario Oficial. Modificacións

Aprobase a celebración do Campionato Galego de Dúatlon de Menores (BX/AL/IN),  en Cedeira o 10 de xuño, no que se incluirá unha clasificación inclusiva ademáis das probas de promoción prebenxamín e cadete.

Apróbase a modificación de data, debida ao cambio do Campionato de España de Triatlón de A Coruña, do Campionato Galego de Tríatlon de Menores (BX/AL/IN) e Súper Sprint CD/XV/JN  de Ferrol que quedaría calendarizado para o 15 de xullo.

3.- Rogos e preguntas

Non habendo rogos e preguntas péchase a sesión ás 21:00

Quizáis che interese…