Cidade de Lugo Fluvial premiado como mellor equipo masculino na gala do Deporte Galego

27 de Marzo de 2023

O 20 de marzo celebrouse no Auditorio Municipal de Ribeira a gala dos Premios Deporte Galego, que de maneira excepcional e a causa da pandemia, abarcaron catro exercicios: 2019, 2020, 2021 y 2022.

Na ceremonia premiáronse aos axentes máis destacados do deporte galego en 18 categorías, sendo o  Cidade de Lugo Fluvial galardoado como mellor equipo masculino.
Adrián Vázquez recolleu o premio que recoñece o traballo do clube e os magníficos resultados deportivos conseguidos ao longo destes anos.

Parabéns!

 

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.