Acordos da Asemblea Xeral da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (22 outubro)

23 de Outubro de 2021

A Asemblea xeral da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno,  en xuntanza ordinaria o  día 22 de outubro de 2021 aprobou o calendario oficial para 2022 e os seguintes regulamentos:

 

———————————————————————————————-

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria por medios telemáticos (amparada no Art. 40 do Real Decreto-Ley 8/2020 de 17 de marzo de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19),  na data e hora indicadas a continuación

Data: venres 22 de outubro de 2021

Hora: 20:30 h.

Lugar: Sala Zoom (enviarase a ligazón de acceso o día anterior)

Orde do día,

1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.

2.-  Regulamentos Deportivos 2022

3.- Calendarios  de Competición 2022

4.- Rogos e preguntas

*Os rogos e preguntas poderán  ser enviados ao correo da federación ata o próximo venres 15 de outubro ás 14:00 h.

*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 20 de outubro de 2021.

Ver convocatoria

 

Quizáis che interese…