A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida o 20 de novembro de 2020, por medios telemáticos, tomou os seguintes acordos:
1.- COMPETICIÓN 2020
– Infórmase da situación do calendario 2020 a través dos seguintes puntos.
.- Cancelación do “Dúatlon Cidade de Santiago”- O Arcade Inforhouse Santiago, viuse na obriga xunto ao Concello d e Santaiago e dadas as condicións de incremento da incidencia da gravidade da COVID19 na Cidade e o peche decidiron suspender o Campionato para esta tempada.
.- Cancelación do ” Dúatlon Cros Cerdedo-Cotobade” .- O Concello de Cerdedo-Cotobade, igualmente e de mutuo acordo coa organización (Triatlón Rias Baixas) tamén tomou a decisión de levar o Campionato a outra data con menos incidencia sanitaria, que poida ademáis favorecer a participación de deportistas populares como viña sendo habitual e cuxo espirito consideran debe ter esta proba.
– Acórdase aprobar a Celebración do Campionato Galego de Dúatlon de Estrada 2020 en Narón.
– O AD Náutico de Narón, presenta a proba “ Dúatlon Concello de Narón” para o próximo domingo, 20 de decembro de 2020, solicitando así mesmo á disputa do título de Campionato galego de Dúatlon de Estrada 2020, para as categorías Absoluta, Sub23, Junior e veterano 1, 2 e 3 (Msc/Fem), na mesma, en substitución do Dúatlon Cidade de Santiago.
NOTA.- As inscricións ao Campionato Galego abriranse o martes, 24 de novembro de 2020, seguindo as prerrogativas aprobadas na anterior Comisión Delegada para a disputa do Cpto Galego.