Aclaracións da Secretaría Xeral para o Deporte, en relación ás excepcións de mobilidade para deportistas federados e federadas

23 de Novembro de 2020

Lexislación publicada no DOGA de 4 de Novembro en relación  ás excepcións na mobilidade que afectan ao deporte federado

Decreto 179/2020  Presidencia da Xunta de Galicia de 4 novembro

Orde  da Conselleria sanidade de 4 de novembro

————————

Aclaracións da Secretaría Xeral para o Deporte de 20 de novembro, en relación ás excepcións.

Ao obxecto de evitar os posibles perxuízos a deportistas por unha interpretación incorrecta das excepcións previstas, trasládanse novamente os criterios xustificados e obxectivos que permiten excepcionar as restricións de mobilidade:

  

    1. Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, conforme o disposto na letra b) do número 3 do punto primeiro do Decreto 179/2020, do 4 de novembro, e na letra d) do número 1 do artigo 5 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro. 
    2. Con relación a “Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada”, previsto na letra k) do número 3 do punto primeiro do Decreto 179/2020, do 4 de novembro, e na letra h) do número 1 do artigo 5 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, considéranse xustificados os desprazamentos para a realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou pola participación nunha competición deste tipo. Neste suposto deberase de acreditar:
      1. Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
      2. Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:
        1. Por persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte.
        2. Por  outras persoas deportistas federadas, respecto de competicións de ámbito estatal ou de ámbito autonómico non profesional cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.
        3.  As persoas técnicas  ou adestradoras das persoas deportistas incluídas nos apartados anteriores.
        4. Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado da correspondente federación ou club deportivo federado onde se certifique a condición do/a deportista e a causa da exención ás restricións de mobilidade.

——————-

Calendario oficial provisional aprobado en Comisión Delegada de 23 de outubro

https://fegatri.org/acordos-da-comision-delegada-de-23-de-outubro/

Quizáis che interese…