Paralímpicos Tokio 2020

paralimpicos tokio 2020

28 de Agosto de 2021

[Actualizada 28 de Agosto de 2020]
Onte pola noite volvemos gozar do tríatlon da man dos galegos Susana Rodríguez e Gustavo Rodríguez. Fixéronnos vibrar durante toda a proba e conseguiron ser máxicos nos Xogos Paralímpicos Tokio 2020.

 

Susana Rodríguez segue sorprendendo cada día polos seus éxitos e sempre o da todo para conseguir a vitoria. Despois de duros adestramentos coa súa guía Sara Loehr, chegaron a Tokio nas mellores condicións e conseguiron a medalla de ouro ao traballo e a constancia.

Susana Rodríguez é de Ouro

A emoción de todo un país na RTVE

Gustavo Rodríguez  sempre da man do seu compañeiro Héctor Catalá, traballaron moi forte durante estes últimos anos para chegar en plena forma a esta proba. Sempre loitando para estar entre os primeiros, fixeron unha remontada magnífica e conseguiron un excelente segundo lugar que os converte en prata olímpica.

Gustavo Rodríguez prata olímpica

Esta noite quedará para o recordo de todos os que amamos o tríatlon e puidemos gozar dunha medalla de ouro e outra de prata nos Xogos Paralímpicos Tokio 2020.

Parabén mozos, sodes de ouro. 👏👏👏




Xa temos a representación galega nos Paralímpicos Tokio 2020. O sábado 28 de Agosto, toca trasnoitar para ver en acción a Susana Rodríguez con Sara Loehr coma guía e a Gustavo Rodríguez como guía para o paratriatleta Héctor Catalá.

paralimpicos tokio 2020

Foto do Instagram de Sara Loehr

A paratriatleta galega Susana Rodríguez chega a esta cita dos Xogos Paraolímpicos de Tokio 2020 moi motivada e cun adestramento específico para estar ao 100% e coas máximas posibilidades de loitar por medallas. Chéganos boas noticias dende Tokio despóis de ter probado o circuito e ter moi boas sensacións para a carreira do sábado como comentaba a súa guía, Sara Loehr no seu perfil de Instagram. Ademáis a galega partipará na proba de 1500 metros de atletismo co seu guía, o tamén triatleta galego Celso Comesaña.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de S A R A L O E H R (@saraloehr)

Gustavo Rodríguez, pola súa parte, chega nun gran momento de forma para facer de guía do paratriatleta Héctor Catalá, con quen estivo adestrando durante estos últimos meses, aclimatándose para chegar coas máximas posibilidades de loitar polas medallas na proba de Tokio.

paralimpicos tokio 2020

Foto de arquivo do seu paso por Pontevedra

As probas serán o sábado día 28 de Agosto a partir das 8:30 hora de Tokio (01:30 hora española).

Ademáis destes triatletas a Federación Galega de Tríatlon e Pentatlon Moderno tamén terá representación na figura de Mónica Flores que representará a España como Xuíz Oficial das diferentes probas de Tríatlon que se celebran nos Paralímpicos Tokio 2020.

monica fegatri

Desexámoslles toda a sorte do mundo e que gocen desta experiencia ao máximo. Moita sorte. 💪💪💪

 

Quizáis che interese…