Aída García e Jacobo Crego, vencedores do Vertiatlón Solidario de Baiona

16 de Setembro de 2017

Aida García e Jacobo Crego (ambos do Olímpico de Vedra) proclamáronse hoxe vencedores do III Vertiatlón Solidario de Baiona, repetindo o éxito acadado na edición do pasado ano. Este ano participaron máis de 200 triatletas e toda a recadación das inscricións  (5.410 euros) será donado para a Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do Monte Real Club de Yates.

Na categoría feminina Aida García, aínda que perdeu bastante tempo na natación, foi a máis rápida no ciclismo o que lle permitiu poñerse en cabeza e terminar de concretar o seu triunfo cunha moi boa carreira a pe. O seu tempo foi de 1:13:03. Vanessa Villar (Club Tríatlon O Vao) ocupou o segundo lugar (1:15:43) e María Lois (Arcade Inforhouse) foi terceira (1:17:29).

Na proba masculina, Jacobo Crego, campión do 2016, repetiu triunfo, pero non o tivo fácil. Marcos Vila (Natación Pabellón Orense) foi en cabeza dende a natación e mantivo esta magnífica posición no ciclismo. Pero na carreira a pe xa non puido manter ese bo nivel e Jacobo Crego, que viña remontando dende atrás, logrou o triunfo cun magnífico terceiro segmento. Así o podio quedou formado por Jacobo Crego (1:00:33), Marcos Vila no segundo lugar (1:01:32) e Eduardo Amoedo (Horizonte Gijón) na terceira posición (1:03:28).

No documento adxunto, tedes todas as clasificacións.

verti 2017

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...