AÍDA VALIÑO, BRONCE NA PROBA DO CIRCUÍTO B DREAM TRIATLON PROMASTER DE PALAMÓS

13 de Xullo de 2013

A galega Aída Valiño logrou a terceira posición na proba do Circuíto Mundial B Dream Tríatlon Promaster, que se celebrou hoxe en Palamós. Ademais no podio estivo acompañada pola súa compañeira de club, Ricarda Lisk, que foi prata, mentres que a checa Radka Vodickova logrou o triunfo. E non podemos esquecer a cuarta posición da tamén galega  Melina Alonso, nunha boa xornada para o tríatlon galego.

Ricarda Lisk e Aída Valiño acompañaron a Vodickova durante os dous primeiros segmentos, pero a checa decidiu o triunfo na carreira a pe, onde logrou escaparse en solitario para impoñerse na liña de meta.

 

CLASIFICACIÓN:

1.- Radka Vodickova (CZE)     2:04.04

2.- Ricarda Lisk (GER)                        2:04.54

3.- Aida Valiño (ESP)              2:05.31

4.- Melina Alonso (ESP)         2:07.37

5.- Romian Biagioli (ARG)      2:11.06

 

Quizáis che interese…