O I DUATLÓN TOMIÑO CELEBRARASE O SÁBADO 3 DE MAIO CON CASE TRESCENTOS PARTICIPANTES

1 de Maio de 2014

O sábado 3 de maio celebrarase a primeira edición do Duatlón de Tomiño (proba popular), que conta cunha inscrición de case trescentos deportistas.

Será a primeira edición desta proba e a resposta da e dos deportistas non puido ser mellor, con case trescentos inscritos nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e sénior. A saída terá lugar dende a rúa Colón, mentres que a zona de transición e meta estarán instalados na rúa Nova.

As saídas irán realizándose de forma paulatina dende as 16:00 horas para a proba benxamín ata as 18:15 horas para os sénior. As distancias serán diferentes dependendo das categorías e no caso da sénior as distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 17 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

Ademais hai que destacar a participación con deportistas tan destacados coma Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial), María Martínez (Atletismo Porriño), Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) ou Fabian Ubeira (Motobike de Pontevedra) na categoría absoluta.

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...