Bilbao Triathlon, Campionato de España de Tríatlon MD 2021

bilbao triathlon 2021

17 de Setembro de 2021

En Bilbao tamén temos participación galega no Campionato de España de Tríatlon de Media Distancia 2021. O sábado 18 de setembro o Bilbao Triathlon celebra a súa 10 edición en continuo crecemento, sempre cumprindo a execución do protocolo COVID19 da Federación Española de Tríatlon.

Recordamos a proba do 2020 coa victoria do galego Javier Gómez Noya.

gomez noya copa de europa

Na categoría Elite Feminina temos a triatleta do Inforhouse de Santiago, Esther Rodríguez, ademáis das súas compañeiras de equipo Ana García Peña e Martina López Gestal que participan na categoría de Grupos de Idade.

Na categoría Elite masculina destaca a presencia do triatleta galego Gustavo Rodríguez, que ven de acadar a medalla de prata na proba dos Xogos Paralímpicos de Tokio como Guía de Héctor Catalá. Tamén estarán na saída, os triatletas Jose Miguel Velázquez do Tripenta Terras de Lugo, o igual que Gustavo Rodríguez, Emilio Tizón (Flor de Triatló), Adrián Picallo (Club Olímpico de Vedra), Sergio Bolado (Tripenta Terras de Lugo), Damián Martínez (Tripenta Terras de Lugo) e Cristian Muiño (Inforhouse de Santiago).

Na categoría de grupos de edad masculina tamén temos presencia galega:

THOMAS AFONSO LOPEZ TRIATLON INFORHOUSE SANTIAGO G25-29M
DANIEL PEREZ LOPEZ C. NATACION CEDEIRA MUEBLES GARCIA G25-29M
MANUEL PIÑEIRO FIEL TRIATLON RIAS BAIXAS G25-29M
LUIS MARTINEZ LOUZAO Independiente G30-34M
PABLO JUAN BEASCOECHEA PORTAS CLUB TRIATLON POIO G35-39M
FRANCISCO JOSE CUENCA GARCIA CLUB OLIMPICO DE VEDRA G35-39M
XOSE ANTON BARREIRO PEREIRA Independiente
PABLO MIGUEL CARRO SUAREZ TRIATLON ARTEIXO G45-49M
FERNANDO FRANCISCO FERNANDEZ MARTINEZ CLUB OLIMPICO DE VEDRA G45-49M
DAVID LORENZO GARCIA TRIATLON RIAS BAIXAS G45-49M
MANUEL LORENZO MEJUTO CIDADE DE LUGO FLUVIAL G50-54M

Moita sorte a todos os participantes do Bilbao Triathlon. 

Quizáis che interese…