ANDREA VIDAL DISPUTARÁ MAÑÁ O EUROPEO CADETE DE PÉNTATLON MODERNO

26 de Agosto de 2016

A galega Andrea Vidal disputará mañá 27 de agosto o Campionato de Europa Youth B (Cadete) que se está a disputar en Solihull (Gran Bretaña) do 25 ao 28 de agosto.

A nosa deportista chegou a Gran Bretaña hoxe acompañada polo adestrador da escola de péntatlon, Marcos Rodríguez Baliña, coa mala fortuna de que na viaxe perdeuse a equipaxe. Esta incidencia supón un grave problema para a galega, xa que nas maletas se atopaba a pistola para a proba da combinad. Haberá que ver se  chega o material ou ben algún deportista ou a organización cede a Andrea unha pistola para poder competir.

Este Europeo é para os deportistas da idade cadete polo que só farán natación e combinada (correr e tiro). Andrea Vidal xa disputou o Europeo Youth A, sendo a máis nova de todas as competidoras.

Quizáis che interese…