O sábado, 4 de agosto, celebrouse en Narón e na contorna do paseo marítimo de Xuvia, o segundo clasificatorio para o Campionato de España de Tríatlon.
O Trishark – Gran Premio Breogán Motor, reuniu un gran número de triatletas que buscaban a praza para o nacional que se celebrará en Aguilas o 16 de setembro.
Na proba masculina o vencedor foi Andrés Prieto do A.D. Fogar cun tempo de 57:15. Na segunda posición chegou Carlos Oliver do Peñota Dental Alusigma e na terceira, Iván Puentes do Triatlón Ferrol.
Os galegos que tamén conseguiron a clasificación foron: Erik Yamir Ramos (4º) do Club Tríatlon Compostela, Denis Incutti (9º) do A.D. Náutico de Narón, Carlos Bautista (10º) do A.D. Náutico de Narón, Jarno Pousada (11º) do Cidade de Lugo Fluvial, Iago Lorenzo (12º) do A.D. Náutico de Narón, David González (14º) do Cidade de Lugo Fluvial, Martín Cando (16º) do Cidade de Lugo Fluvial, Víctor Bouzón (17º) do Club Olímpico de Vedra , Gonzalo Cao (19º) do Tríatlon Inforhouse Santiago, Lucas García (20º) do Cidade de Lugo Fluvial, Alexandre Álvarez (23º) do Cidade de Lugo Fluvial, Andrés Cendán (26º) do Cidade de Lugo Fluvial e Xoel Rodríguez (30º) do Club Olímpico de Vedra.
Na proba feminina, María Varo do Tri Infinity Móstoles levouse o triunfo. María Varo, superou a María Alzaga do Náutico de Narón no último segmento e parou o crono cun tempo de 1:04:48. Finalmente o podio completouno María Alzaga e Raquel Alzaga, tamén do Náutico de Narón.
As galegas que lograron a clasificación para o Campionato de España foron: Ainoa Gontán (9ª) do Tríatlon Inforhouse Santiago, Ana María Santiso (10ª) do Cidade de Lugo Fluvial, Inés Santiago (13ª) do Tríatlon Ferrol, Iria Fernández (14ª) da A. Polideportiva San Ramón de Vilalba, Uxía Fernández (18ª) da A. Polideportiva San Ramón de Vilalba, Alba Muñíz (20ª) do Tríatlon Inforhouse Santiago, Martina López (21ª) do Tríatlon Inforhouse Santiago, Inés Gómez (23ª) do Cidade de Lugo Fluvial, Antía González (24ª) do Tríatlon Inforhouse Santiago, Marta Barbeito (25ª) do Náutico de Narón, Adriana Pensado (26ª) do Tríatlon Inforhouse Santiago e Alejandra Núñez (29ª) do Tríatlon Inforhouse Santiago.
Por equipos o premio foi para o Galactic, formado por María Varo, Carlos Oliver, Andrés Prieto y David Rodríguez.
O mesmo día tivo lugar un tríatlon popular no que participaron uns 200 deportistas.
Na categoría masculina, o triunfo foi para Damián Suárez do Club Natación Cedeira Muebles García, seguido dos seus compañeiros de equipo Lucas Riola e Samuel Sánchez.
Na proba feminina a vencedora foi Esther Ramos do Club Tríatlon Las Rozas. Completaron o podio Lucía Abad e Inés Serantes, ambas do Náutico de Narón.
Os menores tamén puideron competir e divertirse en Narón xa que o venres organizouse un acuatlón de menores dirixido ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.