ANTONIO SERRAT DEBUTARÁ NUNHA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS ESTA FIN DE SEMANA EN LONDRES

28 de Maio de 2015

Antonio Serrat debutará o domingo 31 de maio  en Londres nunha proba das Series Mundiais. O vigués da un paso adiante na súa carreira, no primeiro ano na categoría sub 23, e nunha tempada na que está acadando magníficos resultados. Xunto a el estará o seu compañeiro  Fernando Alarza, que actualmente ocupa o terceiro posto na clasificación provisional do Mundial. A proba celebrarase o domingo 31 de maio a partir das 16:05 horas TVG, cos comentarios de Omar González, adestrador de ambos deportistas). O sábado celebrarase a proba Mundial de Paratríatlon de Londres, coa participación da nosa Susana Rodríguez.

Nesta proba Galicia terá unha ausencia moi importante: Javi Gómez Noya non participará o cal dará entrada de forma directa a Antonio Serrat, que xa se atopaba en lista de espera. Serrat, que está a facer unha magnífica tempada, enfrontarase aos mellores do mundo (os irmáns Brownlee, Mario Mola, Richard Murray…), pero contará co apoio de estar xunto ao seu compañeiro de adestramentos, Fernando Alarza, que actualmente ocupa o terceiro posto na clasificación provisional do Mundial. Ademais conta coa “vantaxe” de que esta proba disputarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe), que se adapta mellor as súas condicións.

Pola súa banda, Alarza viaxa coa firme intención de seguir sumando puntos e achegarse a ese podio que se lle está a escapar por moi pouco esta tempada, aínda que enfronte estarán os irmáns Brownlee y Mario Mola, que están moi cómodos nesta distancia (sobre todo o irmán pequeno Jonathan e Mario).

Proba Mundial de Paratríatlon. O sábado 30 de maio celebrarse a proba mundial de Paratríatlon de Londres coa participación da viguesa Susana Rodríguez. Susana, coa súa guía Mayalen Noriega, terá coma princiapis rivais á  británica Melissa Reid e á holandesa Joleen Hakker,

As Series Mundiais contan este ano con dez probas: Abu Dhabi, Auckland, Gold Coast, Cidade do Cabo, Yokohama, Londres, Hamburgo, Stockholm e Edmonton e Chicago (a gran final). Para a clasificación mundial os deportistas suman os cinco mellores resultados sendo obrigatorio participar na Gran Final, que ten unha puntuación moito máis alta.

Trala disputa das cinco primeiras probas do Mundial, Javi Gómez Noya ocupa a primeira posición con 3.507 puntos, mentres que segundo clasificado é Mario Mola (2.958) e terceiro, Fernando Alarza (2.785).

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...