O DOMINGO 31 CELEBRARASE O III TRÍATLON CONCELLO DE RIVEIRA CON CASE TRESCENTOS DEPORTISTAS

28 de Maio de 2015

O domingo 31 de maio celebrarase o III Tríatlon Concello de Riveira, que nesta edición é o Campionato Galego na Distancia Curta (1,5 quilogramos de natación, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pe) e clasificatorio para o Campionato de España. En todas as probas previstas (popular, masculina e feminina) hai inscritos case 300 deportistas.

 

Cartel-Riveira2015Ás 10 da mañá darase a saída á proba feminina, na que non hai unha favorita clara, polo que se espera unha loita moi aberta con María Martínez (Atletismo Porriño), Irene Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), Diana Cotón (Arcade Inforhouse) ou Marta Barbeito (A.D. Fogar) entre as posibles destacadas.

 

A proba masculina comezará dez minutos máis tarde con 190 deportistas inscritos e xente dun altísimo nivel coma Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Diego Paz (Arcade), César Saracho (Tríatlon Arteixo) ou José Ricardo Vega (Tríatlon Arteixo). Ademais, por ser unha proba clasificatoria para o Campionato de España, tamén hai deportistas de clubs de fóra de Galicia, coma o Diablillos de Rivas. A area de transición, meta e saída está situada na praia de Coroso.

 

Proba popular. A proba popular, con 85 inscritos, comezará ás 12:45 horas e cunhas distancias moito máis curtas: 300 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe.

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....