Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) foi 15º na Copa do Mundo de Cidade do Cabo (Sudáfrica), primeira da presente temporada. O vigués, que non se atopou cómodo na bicicleta, sufriu moito no último segmento.
O galego fixo unha boa natación, e saíu no grupo de cabeza, aínda que non estivo fino na transición polo que quedou na última posición deste primeiro grupo. Así , tivo que facer un gran esforzo nos primeiros quilómetros para enganchar cos de diante. E cando conseguira alcanzalos, Antonio cometeu un erro ao coller unha curva e volveu quedar descolgado, en terra de ninguén entre o grupo cabeceiro e o segundo. Finalmente, co segundo grupo no que había grandes ciclistas, logrou volver a engancharse e así chegou no primeiro grupo (xa moi numeroso) á segunda transición.
Na carreira a pe, segundo o propio Antonio explicou, non se atopou cómodo, pero loitou ata o final para acadar esta 15ª posición nunha proba dun altísimo nivel, na que Richard Murray cumpriu co previsto e gañou a proba (51:33). Antonio chegou á meta cun tempo de 52:38.
Esta proba, primeira dun total das 16 que conforman o circuíto da Copa do Mundo desta tempada, disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe).