Esta fin de semana chega un novo capítulo das Series Mundiais de Tríatlon. Na cidade inglesa de Leeds atopanse os nosos triatletas internacionais Javi Gómez Noya e Antonio Serrat.
A proba disputarase en distancia olímpica. Vendo a lista de saída o espectáculo está garantido, xa que aos habituais competidores nas series mundiais, unenselle os irmáns Brownlee. Que non queren perder a ocasión de competir na casa.
Antonio Serrat chega a Leeds despois de acadar a pasada semana a posición número 11 no Campionato de Europa de Tríatlon Sprint. Intentará seguir sumando valiosos puntos que o fagan subir postos no ranking ITU. Así como seguir acumulando experiencia en competicións de primeiro nivel. Pola outra parte Javi Gómez Noya chega á proba do Reino Unido no quinto posto das series mundiais, e quen sabe se un bo resultado nesta carreira o posiciona para loitar polo que seria o seu sexto título en distancia olímpica.
A proba masculina podese seguir en directo en Teledeporte o próximo domingo 9 ás 16:51 PM