GRAN ACTUACIÓN DOS NOSOS TRIATLETAS NO CAMPIONATO DO MUNDO DE TRÍATLON ESCOLAR.

6 de Xuño de 2019

A localidade francesa de Castelnaudary acolleu durante o 5 e 6 de xuño o Campionato do Mundo de Tríatlon en idade escolar. No día de onte disputaronse as probas individuais e hoxe as probas de relevos. A organización do evento corriu a cargo da International School Federation.

Ata o o país galo desprazaronse catro xóvenes triatletas galegos. Esteban Basanta, Elsa Pena, Nerea García e Alejandro Rodríguez. Acompañados polo técnico do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Jonathan Cancela. Todos eles acudian á cita francesa convocados pola Federación Española de Tríatlon para defender as cores de España.

A parte da gran experiencia que supón tomar parte nunha competición de carácter global. Os nosos e as nosas canteiráns tamén acadaron grandes resultados no aspecto deportivo.

Esteban Basanta, Elsa Pena e Nerea García finalizaron os tres en cuarta posición nas súas respectivas probas individuais. Pero a gran alegría para os nosos viría da man do xoven triatleta Alejandro Rodríguez que finalizaba en segunda posición.

Xa para rematar a competición era a quenda dos relevos mixtos. Dónde dous triatletas galegos tomaban parte en cada un dos dous equipos que presentaba o combinado español. Na categoría de 18 anos o equipo no que estaba Nerea García e Esteban Basanta acadaba a prata. Mentres tanto o outro conxunto español no que tomaban parte Alejandro García e Elsa Pena, repetían o resultado dos máis maiores. Subindo o segundo chanzo do podio.

Quizáis che interese…