ANTONIO SERRAT E JOSELYN BREA, SEGUNDOS EN FUENTE ÁLAMO, CON CAMILA ALONSO NA TERCEIRA POSICIÓN

14 de Maio de 2017

Grandes resultados dos nosos deportistas no Tríatlon de Fuente Álamo, que como todos os anos reúne a máis de mil triatletas nun día de deporte e emoción. E a emoción puido vivirse nas dúas probas, cos galegos como protagonistas.

Uxío Abuín (Olímpico de Vedra) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) fixeron unha grandísima natación, saíndo da auga nas primeiras posicións. Formouse trala primeira transición un grupo duns 15 deportistas, no que houbo continuos ataques polo que se foi debilitando ata quedar en cabeza só Antonio Serrat, Jesús Gomar, Sánchez Mantecón e Lluch. Na carreira a pe, O vigués e Jesús Gomar lograron escaparse xuntos ata que a falta de 800 metros Gomar atacou e logrou deixar atrás a Serrat. O triunfo foi para Gomar, con Antonio Serrat, na segunda posición e Sánchez Mantecón, terceiro.

C_uRcHqXUAQZ6uFNa categoría feminina, Sara Pérez rompeu a proba xa na natación, onde logrou unha cómoda vantaxe de 40 segundos que lle permitiu dominar a carreira con tranquilidade. Por detrás, moita competitividade con varias deportistas galegas implicadas: Joselyn Brea, Camila e Melina Alonso traballaron ao máximo por os outros postos do podio. Desta forma, na T-2, Sara tiña máis de tres minutos sobre Brea e as Alonso. Así, a emoción estivo na loita pola segunda posición, que se decidiu nun espectacular sprint final entre Joselyn e Camila, que necesitou de foto finish para saber quen era a segunda. Finalmente, segundo posto para Joselyn e terceiro para Camila, con Melina Alonso na cuarta posición.

Quizáis che interese…