Antonio Serrat competirá o próximo sábado, 29 de xullo, nas Series Mundiais de Sunderland (Gran Bretaña).
Sunderland será a sexta e penúltima proba do circuito das Series Mundias que terá a súa Gran Final en Pontevedra do 22 ao 24 de setembro.
A competición individual celebrarase o sábado mentres que o domingo disputaranse as Remudas Mixtas.
Xunto ao galego, a selección española estará formada por Alberto González, Sergio Baxter e Mario Mola.
Na proba feminina estarán Miriam Casillas, Anna Godoy, Noelia Juan e María Casals.