ANTONIO SERRAT, OITAVO NA COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA  

3 de Abril de 2016

Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou onte sábado 2 de abril na oitava posición da Copa de Europa de Quarteira (Portugal), despois dunha magnífica remontada na bicicleta e a carreira a pe. Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), 17º, sumou os seus primeiros puntos para o ránking mundial.

 

Os franceses marcaron o ritmo na natación o que provocou unha escapada de inicio, que a metade do ciclismo foi neutralizada. Nese intre formouse un grupo cabeceiro de 15 deportistas onde se atopaban os españois David Castro, Ricardo Hernández e o galego Alberto Castiñeira, ademais dos que se xogarían o triunfo (Aurelien Raphael e o local Pedro Palma) e Luís Miguel Velásquez. O triunfo foi para Aurelien Raphael cun tempo de 01:49:42, segundo foi Pedro Palma (01:49:47) e o bronce foi para David Castro (01:50:27).

 

IMG-20160402-WA0090Antonio Serrat, no segundo grupo, traballou moito para remontar posición. Chegou a segunda transición na cabeza dese segundo grupo e e cunha gran carreira a pé logrou progresar ata a oitava praza definitiva (01:51:06), superando a varios dos deportistas do primeiro grupo. Pola súa banda, Alberto Castiñeira logrou manterse no top 20 conseguindo desta maneira os seus primeiros puntos para o ránking internacional cun posto 17º (01:52:10), diante de Luis Miguel Velásquez (19º).

 

Na categoría feminina, Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) realizou unha mala natación o que lle impediu loitar polo obxectivo de conseguir o top 20 que lle fixese progresar no ránking internacional. Camila foi 33ª cun tempo de 02:14:46. Ademais, a súa irmá Melina Alonso finalmente non competiu por lesión.

Resultados Quarteira

A próxima semana en Melilla dispútase a segunda proba da Copa de Europa onde todos eles terán unha nova oportunidade de seguir mellorando.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.