CLAUDIA GÁMEZ, OURO NO GRAN PREMIO XOVEN DE PÉNTATLON MODERNO DE LEIRIA

3 de Abril de 2016

Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou a primeira posición na categoría alevín do Gran Premio3 Jovem de Péntatlon Moderno de Leiria (Portugal). No Open participaban deportistas de Portugal, Galicia e Gran Bretaña.

Galicia acudiu a este torneo cun equipo de seis deportistas das categorías alevín, infantil e cadete. Así, na categoría alevín, Claudia Gámez foi ouro, mentres que Ainhoa Corral acadou a novena posición e Ariadna Romero, décima.

Na categoría infantil, Ainhoa Prado foi novena, mentres que en cadete Andrea Vidal foi oitava e Francisco Prado, 19º.

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...