FONDO PESAR NO TRÍATLON POLO PASAMENTO DE CECILIA RODRÍGUEZ NUN NOVO ATROPELO

12 de Abril de 2014

Un novo atropelo dun deportista na estrada volve a golpear á familia do tríatlon. Hoxe morreu atropelada en Toledo a triatleta Cecilia Rodríguez e dende a Federación Galega de Tríatlon queremos facer chegar o noso máis sentido pésame á súa familia e amigos, e nos sumamos á súa dor nestes complicados momentos.

A Federación Galega de Tríatlon comezou o pasado ano a campaña   “Non máis ciclistas mortos nas estradas” e esta campaña segue viva para concienciar aos condutores da necesidade de respetar a distancia de seguridade cos ciclistas. Entre todos e todas temos que lograr evitar estas inxustas mortes.

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...