Antonio Serrat Seoane, Bronce en Valencia

Podio_Masculino valencia antonio serrat seoane

28 de Setembro de 2021

Despóis dunha tempada espectacular, o galego Antonio Serrat Seoane consegue o bronce no Campionato de Europa de Tríatlon celebrado en Valencia.

Podio_Masculino valencia antonio serrat seoane

Foto da Federación Española de Tríatlon

Unha proba moi traballada por todo o equipo español que acadou a segunda, terceira e cuarta posición final, ante o triatleta francés Dorian Coninx que gañou a proba. Por detrás chegaba o triatleta local Roberto Sánchez Mantecón e o galego Antonio Serrat Seoane, que pon o broche a súa gran tempada 2021 e demostra que o tríatlon español segue gozando de moi boa saúde.

A outra galega representante na proba élite feminina, Sara Guerrero acadou a trixéximo novena posición, nunha proba moi exixente para todas as triatletas participantes, onde a triatleta suiza Julie Derron acadou a victoria final.

sara guerrero en valencia

 

RESULTADOS OFICIAIS

Próxima proba, Campionato de España de Tríatlon Sprint en Pontevedra.

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables 2024

Plan Corresponsables 2024

Actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a través da Secretaría...