Fin de semana explosivo en Pontevedra

fin de semana explosivo en Pontevedra

1 de Outubro de 2021

Os días 2 e 3 de Outubro dispútase en Pontevedra o Campionato de España de Tríatlon Sprint. A Federación Española de Tríatlon volve a elixir á Cidade do Lérez como sede para poñer punto e final a unha tempada 2021 moi especial coa disputa das competicións máis explosivas do tríatlon nacional.

pontevedra

A Avenida de Buenos Aires acolle de novo o centro da sede coa proba de natación no Río Lérez xunto a Ponte dos Tirantes e os segmentos de ciclismo e carreira a pé no entorno das ribeiras dos cauce fluvial pontevedrés.

En distancias de 750 metros de natación, casi 20 kilómetros de ciclismo e 5 kilómetros de carreira a pé, as probas son garantía de espectáculo e velocidade. Para os máis novos serán aínda máis explosivas, xa que se disputarán na distancia SuperSprint, con 250 metros de natación, 6,3 kilómetros de ciclismo e 1,5 kilómetros de carreira a pé, celebrándose en formato de series clasificatorias, 3 por categoría e xénero, nas que se poñerán en xogo as prazas para a gran final de cada categoría.

O Campionato de España de Tríatlon Sprint Pontevedra 2021 comezará o sábado ás 9:00 horas coa disputa das series clasificatorias das categorías cadete, junior e xuvenil. As primeiras finais serán as cadetes, ás 14 horas (masculina) e 14:10 (feminina); categoría xuvenil ás 15:40 (masculina) e 15:50 (feminina) e categoría junior ás 16:30 (masculina) e 16:40 (feminina).

fin de semana explosivo en Pontevedra

O sábado pola tarde celébranse as probas élite, nunha saída única ás 17:15 horas (élite feminina) e ás 19:00 horas (élite masculina).

O domingo día 3 terán lugar ás probas de Grupos de Idade a partir das 9:00 horas e de Paratriatlón.

Podes consultar toda a información do evento na páxina da Federación Española de Tríatlon. Vótalle unha ollada a reunión técnica da proba no canal de Youtube da Federación Española.

pho3nix kids by javier gomez noya en pontevedra

O domingo 3 de Outubro a partir das dúas da tarde, terá lugar unha competición de promoción para nenos e nenas entre 10 e 13 anos coa colaboración do triatleta galego Javier Gómez Noya.

 

Quizáis che interese…