AROA FREIJE ACADA O PASE PARA A FINAL DO EUROPEO YOUTH A DE PÉNTATLON MODERNO  

27 de Xullo de 2016

A galega Aroa Freije acadou hoxe na clasificatoria o seu pase  para a final do Campionato de Europa Youth A de Péntatlon Moderno, que se está a celebrar en San Boi de Llobregat (Barcelona) do 27 ao 31 de xullo.

Hoxe tivo lugar a semifinal feminina coa participación de dúas galegas: Aroa Freije e Andrea Vidal. Neste campionato de idade xuvenil as deportistas teñen que realizar as probas de natación, esgrima e combinada (tiro e carreira). Ambas deportistas formaban parte do grupo B, no que competían un total de 27 deportistas. Aroa non estivo a un bo nivel na esgrima, pero remontou na natación (onde foi a cuarta mellor) e rematou cunha regular combinada, na que destacou no tiro. Así logrou o pase para a final de 36 deportistas. Hai que recordar que Aroa ven dunha tempada case en branco por culpa dunha lesión de xeonllo que a tivo seis meses parada.

Pola súa banda, Andrea Vidal, que era a máis nova de todas as participantes, fixo unha correcta natación, pero estivo moi frouxa na esgrima e non puido conseguir o pase. De todas formas, viviu unha magnífica experiencia cara ao futuro, xa que aínda e moi nova e está a sumar experiencia internacional.

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...