AROA FREIJE E ANDREA VIDAL PARTICIPARÁN NO EUROPEO YOUTH A DE PÉNTATLON MODERNO

26 de Xullo de 2016

As galegas Aroa Freije e Andrea Vidal participarán esta semana no Campionato de Europa Youth A de Péntatlon Moderno que se celebrará en San Boi de Llobregat (Barcelona) do 27 ao 31 de xullo.

Neste campionato de idade xuvenil as e os deportistas terán que realizar as probas de natación, esgrima e combinada (tiro e carreira). A clasificatoria celebrarase o mércores e as galegas tentarán acadar o pase para a final, que terá lugar o venres 29 de xullo.  Aroa está vivindo a súa tempada máis complicada, por culpa dunha lesión de xeonllo que a tivo seis meses sen poder competir. Hai unhas semanas volveu facelo, pero está moi lonxe do seu mellor momento, aínda que traballa duro para seguir mellorando. Pola súa banda, Andrea Vidal é a gran sorpresa da convocatoria española, xa que aínda é deportista da categoría youth B, pero polos magníficos resultados que está conseguindo esta tempada, gañouse a posibilidade de competir con xente de maior idade.

A competición contará coa participación duns 120 deportistas de 21 países. Ademais da competición individual, o sábado e domingo tamén se celebrará a proba de relevos, na que Aroa participará se non xorden problemas imprevistos.

 

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...