AROA FREIJE, BRONCE NA COPA DE EUROPA DE CATALUÑA DE PENTATLÓN MODERNO

26 de Abril de 2014

Aroa Freije logrou a medalla de bronce na Copa de Europa de Cataluña de Pentatlón Moderno Xuvenil, que se disputou hoxe na localidade de San Boi de Llobregat. Ademais, Raúl Blanco foi 16º, mentres que Lúa Vidal foi sétima na clasificación cadete feminina. Hai que destacar que nesta Copa do Mundo participaron un total de 13 países cun nivel excepcional, polo que os resultados son aínda máis meritorios.

Aroa foi de menos a máis durante toda a proba. Comezou dunha forma bastante frouxa na esgrima, pero a partir de aí foi remontando. Primeiro na natación e logrou colocarse na 16 posición da xeral, e así enfrontou a combinada (carreira e tiro). Aquí Aroa Freije fixo unha proba espectacular, logrando na combinada o segundo posto de todas as deportistas, so por detrás da gañadora, a rusa Sofia Serquina. Así, o podio quedou formado por Sofia Serquina (Rusia) na primeira posición (1077 puntos), Xeina Fralpova foi segunda clasificada con 1044 puntos, mentres que Aora Freije logrou o bronce con 1024 puntos.

Na categoría masculina, a traxectoria de Raúl Blanco foi similar. O galego tamén estivo mal na esgrima e fixo unha natación bastante discreta polo que iniciaba a combinada na 27ª posición. Así, logrou remontar varias posicións na clasificación xeral ata alcanzar o 16º posto na xeral. Ademais, hai que destacar a sétima posición do español Joan Gispert.
Ademais, a Copa de Europa de Cataluña tamén se celebrou na categoría cadete, coa participación da galega Lúa Vidal que logrou a sétima posición nunha proba dun altísimo nivel deportivo.

As e os deportistas, dependendo da categoría, disputaron diferentes probas. En cadete só se celebraron as probas de natación e combinada (carreira e tiro), mentres que en xuvenís incorporan tamén a esgrima. Na Copa de Europa de Cataluña participaron deportistas de 13 países e o nivel da proba foi impresionante, similar ao dun Campionato de Europa ou do Mundo.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...