AROA FREIJE DISPUTARÁ O SÁBADO A FINAL DO EUROPEO DE PÉNTATLON MODERNO XUVENIL EN PRAGA

9 de Xullo de 2015

Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou hoxe a clasificación para a final do Campionato de Europa de Péntatlon Moderno Xuvenil, que se está a disputar en Praga dende hoxe ata o luns 13 de xullo. A final feminina celebrarase o sábado 11 de xullo.

A galega, que hai unhas semanas logrou o título de campioa de España de Péntatlon Moderno xuvenil, júnior e absoluta, acudiu a esta cita con moita ilusión e gañas de facer un bo papel. O pasado ano logrou o título de campioa de Europa cadete e foi novena no Europeo Xuvenil (no que xa competiu a pesar de ser unha categoría superior ao que lle correspondería por idade). Agora Aroa é cauta: “Este ano foi un pouco estraño, de adaptación á nova categoría e a adestrar en Madrid, así que vou coa intención de competir con ganas e o mellor que sei, pero sen marcarme obxectivos de clasificación, máis alá de entrar na final”.

E ese primeiro obxectivo está acadado. Hoxe celebrouse a semifinal e Aroa logrou clasificarse para a final, que se disputará o sábado 11 de xullo. De destacar, a primeira posición da galega na natación.

Entre as favoritas, destacan as representantes de Italia, Hungría, Turquía, Bielorrusia… pero a nosa Aroa, sen medo,  tentará facer unha boa competición.

 

 

 

Quizáis che interese…