CONVOCATORIA ENCONTRO NACIONAL DE CATEGORÍAS MENORES

10 de Xullo de 2015

A Federación Galega de Tríatlon e P.M. invita a dous deportistas de categoría Infantil  (1F e 1M) a participar no Encontro Nacional de Categorías Menores que se celebra en Aragón dende o 20 ó 23 de Agosto de 2015.
Todos/as os deportistas de categoría Infantil poden solicitar invitación. Para a concesión das mesmas terase en conta o posto acadado no Cto. Galego de Tríatlon de Menores que se celebra en Cedeira o sábado (11/07/2015) -Categoría Infantil-.
Data tope para enviar as solicitudes: martes, 14 de Xullo de 2015, ás 14:00 horas
As solicitudes enviaranse á Federación, correo electrónico: fegatri@hotmail.com
Os deportistas viaxarán co adestrador da Federación.

Máis información no seguinte enlace:
http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/encuentro-menores-2015/

Quizáis che interese…