O domingo 3 de agosto celebrarase en Tui a segunda proba do Circuíto Ibérico de Tríatlon, que se está a disputar este ano entre España e Portugal.
En Tui celebraranse dúas probas: Unha de longa distancia (1.9 quilómetros de natación, 9o quilómetros de bicicleta e 21 de carreira a pe) e outra de distancia olímpica (1.500-40-10).
Esta iniciativa xurde pola iniciativa da Federación Galega de Tríatlon, que negocia cun empresario portugués e posteriormente involucrouse a Federación Española coa de Castela e León. Desta forma, o circuíto consta de catro probas: A primeira tivo lugar no mes de abril en Ovar (portugal); o día 3 de agosto celebrarase a segunda en Tui; o día 31 de agosto a competición desenvolverase en Viana do Castelo e o circuíto finalizará coa proba de Sanabria (21 de setembro).
Información no seguinte enlace:
http://www.campeonatoibericotriatlon.com/