AROA FREIJE E RAÚL BLANCO PARTICIPAN NO CAMPIONATO DE EUROPA XUVENIL DE PÉNTATLON EN SUECIA

17 de Xullo de 2014

Aroa Freije e Raúl Blanco participarán no Campionato de España xuvenil de Péntatlon Moderno que se vai celebrar en Uppsala (Suecia) dos días 17 ao 23 deste mes. Os galegos viaxaron hoxe en dirección a Uppsala dende Barcelona.

Os galegos terán que realizar as disciplinas de natación, combinada e esgrima. Precisamente nesta última especialidade e onde os galegos teñen máis problemas. Aroa, que aínda é cadete, comezou hai só uns meses a practicala polo que está traballando moito para mellor moi rápido. Ademais, neste torneo encontrarase cos deportistas un par de anos maiores, polo que elas terán máis experiencia. Pola súa banda, Raúl enfronta o torneo con moita ilusión pero sen presión.

O Europeo de Suecia comezará a competición pola esgrima, para continuar coa natación e combinada. As semifinais celebraranse o venres e sábado e o domingo terá lugar a final. Ademais, o luns disputarase a proba de relevos mixtos.

Aroa ten por diante un calendario moi duro: Esta semana o Europeo xuvenil, a próxima será o Europeo cadete e en agosto os Xogos Olímpicos da Xuventude. Hai que recordar que o pasado ano logrou a medalla de bronce no Europeo Cadete.

 

 

Quizáis che interese…