AROA FREIJE E RAÚL BLANCO PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NA COPA DE EUROPA DE PORTUGAL DE PENTATLÓN MODERNO

10 de Abril de 2014

Os galegos Aroa Freije e Raúl Blanco participarán esta fin de semana na Copa de Europa Youth de Portugal de Pentatlón Moderno, que se celebrará na cidade de Pataias (preto de Lisboa). O obxectivo fundamental é lograr os puntos necesarios para clasificarse para os Xogos da Xuventude, que terán lugar en China este ano.

Na Copa do Mundo de Portugal as e os deportistas terán que realizar as probas de natación, esgrima e combinada. Raúl irá acompañado a esta proba polos españois Joan Gispert e Lluis Shivell, cos que adestra no CAR de Barcelona, mentres que Aroa viaxarán dende Galicia.

A galega Aroa Freije rematou na sexta posición na Copa de Europa Youth de Gran Bretaña de Pentatlón Moderno, celebrada a mediados de marzo na cidade de Birmingham. A galega foi  a máis nova das seis primeiras clasificadas.

Sant Boi. Catro galegos (Javier Pena, Lucas Pena, Martín Freije e Andrea Vidal) disputarán este sábado a Copa Internacional de Pentatlón Moderno de Sant Boi de Llobregat (Barcelona). Neste torneo participarán deportistas de Italia, Francia, Cataluña e Galicia.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.