A SELECCIÓN GALEGA ESTARÁ PRESENTE NA COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA

10 de Abril de 2014

Galicia estará presente esta fin de semana na Copa de Europa de Quarteira (Portugal), a primeira da presente tempada, cun numeroso e potente equipo tanto na carreira de elite coma na júnior (masculinas e femininas). Esta proba da puntos para o ránking mundial.

A Quarteira viaxan, xunto a Omar González, os integrantes do Grupo de Alto Rendemento do CGTD, Melina Alonso, María Ortega, Ricardo Hernández, Diego Paz, Nan Oliveiras e Antonio Serrat (este en júnior). Ademais, tamén participarán outros galegos. En elite masculina, Uxío Abuín; e na proba júnior, unha importante representación da Fegatri: Inés Santiago, Sara Guerrero, Carmen Gómez, Carla Castaño e Andrés Cendán.

A proba elite feminina celebrarase o sábado 12 de abril ás 13:45 hora portuguesa, mentres que a masculina comezará ás 16:30 horas (en Portugal). A proba é un tríatlon olímpico (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e a natación realizarase na praia. Na proba feminina hai 47 inscritas, mentres que na masculina a inscrición é de 76 deportistas. Haberá un nivel altísimo, con potentes equipos como o de Francia, Inglaterra e Portugal, pero os galegos loitarán por eses importantes puntos en xogo para a súa clasificación no ránking mundial.

O domingo será a quenda para os júnior. As rapazas serán as primeiras en competir (8:45 horas) e os chicos farano ás 10:00 horas. En júnior, a distancia será sprint (750 natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe). Tamén aquí, as e os galegos esperan estar loitando polos primeiros postos, a pesar da importante participación. Na proba masculina están inscritos 77 deportistas e na feminina, 68.

Resultados 2013. O pasado ano, Jesús Gomar, co sexto posto, foi o galego mellor situado na Copa de Europa de Quarteira. Ademais, Uxío Abuín foi noveno, mentres que na proba feminina Melina Alonso ocupou a 12ª posición e Aída Valiño, 13ª. Na proba júnior, Antonio Serrat foi cuarto, mentres que Camila Alonso foi novena.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.