AROA FREIJE LOGRA A NOVENA POSICIÓN CON ESPAÑA NA PROBA POR PAÍSES

19 de Maio de 2014

O Campionato do Mundo Xuvenil de Pentatlón Moderno finalizou para Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) cun noveno posto para España na proba por equipos (relevos mixtos). Un bo posto para a selección española formada por Joan Gispert e Aroa Freije.

Na esgrima remataron na 16ª posición, para remontar cunha moi boa natación (fixeron o quinto mellor posto). Así, enfrontaron a combinada na 12ª posición e aínda remontaron varios postos máis hasta alcanzar o noveno lugar. E ademais, a moi poucos puntos dos equipos que estaban por diante. España sumou un total de 1.1.08 puntos, mentres que o cuarto clasificado tiña 1.115 puntos. Bielorrusia foi o primeiro clasificado (1.172), segundo Ucrania e terceiro clasificado, Rusia.

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...