SALETA CASTRO, QUINTA NO IRONMÁN DE LANZAROTE

19 de Maio de 2014

A pontevedresa Saleta Castro sigue dando pasiños cara ao seu obxectivo do presente ano: Lograr a clasificación para o Campionato do Mundo de Ironmán de Hawaii. Esta fin de semana participou no Ironmán de Lanzarote e logrou rematar na quinta posición e ademais co seu mellor tempo nesta proba (10.12:35).

Todos os Ironmán son duros, pero o de Lanzarote foi aínda máis polas condiciones climatolóxicas con moito vento e calor, e por iso a galega estaba moi satisfeita polo resultado final. A gañadora do Ironmán de Lanzarote foi a británica Lucy Gossage cun tempo de 09.41:40.

Saleta realizou un gran segmento de natación (3,8 quilómetros) e saiu da auga na segunda posición. Sufriu un pouco máis nos 180 quilómetros de ciclismo e quedou na sexta posición e finalizou coa maratón, na que recuperou un pouco, para entrar en meta na quinta posición.

 

Quizáis che interese…