AROA FREIJE, NA OITAVA POSICIÓN NO EUROPEO CADETE DE PÉNTATLON TRALA NATACIÓN

13 de Xuño de 2013

A deportista galega Aroa Freije ocupa a oitava posición despois da celebración da primeira xornada do Campionato de Europa Cadete de Péntatlon, que se celebra estes días en Minsk (Bielorrusia) coa participación de 110 deportistas pertencentes a 20 países.

 

Hoxe celebrouse a proba de natación na categoría feminina na distancia de 200 metros e Aroa rematou na oitava posición cun tempo de 2:19. A galega está contenta de como foi a proba xa que hai varias deportistas nun espazo moi curto de tempo. A primeira clasificada é Anna Toth (Hungría) cun tempo de 2:16 e a segunda Naomi Graig (Gran Bretaña) no mesmo segundo.

 

Mañá celebrarase a combinada (carreira e tiro). Terán que facer tres tiradas e tres carreiras de 800 metros, cun límite de 50 segundos para disparar. O obxectivo de Aroa Freije é mellorar o resultado do pasado ano (que foi sexta), aínda que ten en contra o feito de que se está recuperando dunha lesión e estivo parada unhas semanas ata hai moi pouco tempo.

Quizáis che interese…