O DOMINGO 16 DE XUÑO CELEBRARASE O III TRÍATLON CONCELLO DE ARTEIXO

13 de Xuño de 2013

 O III Tríatlon Concello de Arteixo celebrarase o domingo 16 de xuño coa participación de máis de trescentos deportistas. É a segunda proba do Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada, trala disputa a pasada fin de semana do Tríatlon de Riazor.

 

A competición comezará ás dez da mañá coa saída da proba popular, na que participarán 83 deportistas que terán que facer 300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe. O resto das probas disputaranse sobre a distancia sprint (750-20-5).

 

Ás 11 horas darase a saída á proba feminina, con 24 triatletas, na que parten como favoritas Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), Marta Barbeito (A.D. Fogar) e Aida Valiño (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial).

 

Para a proba masculina haberá dúas saídas: ás 11:10h comezará a proba B con 145 participantes, mentres que ás 12:30 horas será a saída elite masculina (52 deportistas). Os favoritos para loitar polas primeiras posicións son Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial), Cristóbal Dios (Arcade Inforhouse), Alexandre Rodríguez (Tríatlon Morrazo), Francisco Cendán (Dexter Tríatlon Compostela) e Iván Rubio (Muralla de Lugo).

 

 

O II Tríatlon de Arteixo terá como punto de saída, transición e meta a praia de Sabón e a natación realizarase no mar. O percorrido de bicicleta ten moitas pequenas pendentes polo que será bastante duro, mentres que a carreira a pe discorrerá polo paseo marítimo.

 

No primeiro tríatlon do circuíto, disputado en Riazor (A Coruña), os gañadores foron Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Quizáis che interese…