AROA FREIJE, SEXTA NA COPA DE EUROPA DE GRAN BRETAÑA DE PENTATLÓN MODERNO

15 de Marzo de 2014

A galega Aroa Freije rematou na sexta posición na Copa de Europa Youth de Gran Bretaña de Pentatlón Moderno, que se está a celebrar na cidade de Birmingham. A galega foi  a máis nova das seis primeiras clasificadas.

birminghan 2014Aroa, que viaxou acompañada pola seleccionadora galega Ruth Ballesteros, estivo espectacular na natación e na combinada, xa que foi a mellor de todas as participantes nestas modalidades. Onde estivo más frouxa foi na esgrima, xa que ocupou a 18ª posición. A gañadora da proba foi a húngara Alexandras Boros, que foi a máis regular das participantes, e con ela no podio situáronse as súas compatriotas Saolta Simón (prata) e Ana Zs. Toth (bronce). Con esta actuación, os Xogos da Xuventude están cada vez máis cerca.

Na categoria masculina, Raul Blanco rematou na posición 21, despois dunha discreta actuación na combinada que lle fixo perder moitas posicións. Despois da natación, Raul era sétimo. O resto dos españois estiveron a un bo nivel : Joan Gispert foi oitavo e Lluis Shivell, 14º.

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...