BRAIS CANOSA E CARMEN GÓMEZ, GAÑADORES DO I DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA

16 de Marzo de 2014

Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) proclamáronse hoxe gañadores do I Duatlón Concello de Vedra, cuarta e última parada do Circuíto Galego de Duatlón de Estrada 2014, con case 240 participantes.

A proba feminina foi moi aberta e competida, cun espectacular rendemento das “cadetes de ouro galegas”. Chegaron á segunda transición cinco deportistas igualadas (Carmen Gómez, Inés Santiago, Sara Guerrero, Marina González e Carla Castaño) e todo se decidiu no segundo segmento de carreira a pe. Así, Carmen Gómez logrou a primeira posición, mentres que segunda clasificada foi Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) e terceira, Sara Guerrero (Tríatlon Ferrol). Entre a terceira e a quinta clasificada so houbo tres segundos de diferenza.

A proba masculina non tivo nada que ver. Brais Canosa logrou escaparse xa no primeiro segmento e fixo a bicicleta en soidade, igual que o último sector, onde só tivo que medir as distancias cos perseguidores. Por detrás, o pelotón, no que decidiron o resto do podio. Brais Misa (Atletismo Porriño) foi segundo, mentres que Miguel Anxo Vidal (Monte Abaixo) conseguiu o bronce. Na categoría de clubs gañaron o Tríatlon Ferrol (feminino) e Arcade Inforhouse (masculino).

O Circuíto Galego de Duatlón de Estrada está formado por catro probas:  O Carballiño, Guitiriz, Lugo e Vedra. Todas son clasificatorias para o Campionato Galego (logran praza os 22 primeiros clasificados), que terá lugar en Santiago de Compostela a finais de marzo (día 29).

María Ortega e Nan Oliveras, ambos do Tri-Penta Terras de Lugo, proclamáronse gañadores do Aviamandu Concello de O Carballiño, mentres que a mexicana Adriana Barraza (Muralla de Lugo) e Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) lograron o triunfo en Guitiriz. Na terceira proba, en Lugo, os vencedores foron Adriana Barraza e Abraham Roberto Castellanos (ambos do Muralla de Lugo).

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...