ARRANCA A TEMPADA DE TRÍATLON EN GALICIA

ARRANCA A TEMPADA DE TRÍATLON EN GALICIA

10/05/2019
ARRANCA A TEMPADA DE TRÍATLON EN GALICIA

Despois dos meses de inverno dónde o foco de atención competitivo estivo centrado nas probas de Dúatlon. Coa chegada da primavera, tamén chegan as competicións de Tríatlon encadradas dentro do calendario galego. Dúas serán as citas coas que conteremos esta fin de semana.

Por unha banda a localidade coruñesa de Oleiros acollerá mañá sábado dende as 16:00h a edición XXX do Tríatlon Popular de Oleiros.

O prato forte da fin de semana será o domingo en Vilagarcía. Dónde terá lugar o Campionato Galego de Tríatlon Contrarreloxo por Equipos.
O peirao de pasaxeiros do porto de Vilagarcía acollerá dende as 10 da mañá a competición. A primeira quenda de saídas será a dos equipos encadrados dentro da categoría escolar que se teran que se enfrontar a 300m de natación 10km en bicicleta e 2km de carreira a pé.

Ás 10:40 será o turno das saídas da proba open e absoluto. Dónde se darán cita os mellores equipos galegos dispostos a facerse co título de campións e campionas de Galicia de tríatlon contrarreloxo por equipos. A proba disputarase en distancia sprint.

No seguinte enlace podes consultar tanto os inscritos como a orde de saída da proba Triatlon Concello Vilagarcía