GRAZAS PONTEVEDRA!!

8 de Maio de 2019

Aínda coa resaca no corpo que nos deixou o ITU Multisports de Pontevedra, é hora de facer balance.

Deportistas de todo o mundo, adestradores, oficiais, medios de comunicación, visitantes, autoridades, voluntarios pero sobre todo milleiros de persoas que se achegaron ata Pontevedra para disfrutar dun evento de tal calibre.

Todos eles inundaron as rúas durante unha semana, unha semana que quedará grabada na historia do tríatlon galego e do deporte da nosa comunidade. Non só polo histórico doblete no mundial de Longa Distancia acadado por Javi Gómez Noya e Pablo Dapena. Senón tamén polos magníficos resultados dos nosos e as nosas deportistas nas diferentes competicións, tanto elite como en grupos de idade. Tamén quedará para a lembranza a imaxe que dou a todo o mundo, a cidade do Lérez. Colocandose no mapa mundial da organización de eventos deportivos de primeiro nivel. Grazas á capacidade organizativa que ten. Únicamente comparable á das grandes urbes do planeta. Na retina de todos e todas os que pasaron por Pontevedra quedará esa imaxe das rúas ateigadas de xente animando a cada un e cada unha dos competidores indiferentemente do país de procedencia, raza ou xénero. Os pontevedreses e pontevedresas, grandes e pequenos, volcaronse para que ninguén se sentise forasteiro, nesta festa do multideporte.

Dende a Fegatri queremos felicitar e agradecer en primeiro lugar ao Concello de Pontevedra, á Oficina do Voluntariado de Pontevedra, á Deputación de Pontevedra, á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, á Federación Española de Triatlón, aos corpos de seguridade do Estado que desenrolaron a súa labor durante o evento. Non podemos esquecernos de recoñecer a labor da ITU por brindarnos a oportunidade de que en Galicia se disputasen cinco campionatos do mundo. A todos e todas esas persoas anónimas responsables de que a Pontevedra Multisport 2019 só haxa dúas palabras para resumilo: ÉXITO ROTUNDO!!

PONTEVEDRA É MUNDIAL!!

Quizáis che interese…