AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO NIVEL

15 de Novembro de 2013

A Fundación Deporte Galego ven de publicar onte, xoves 14 de novembro de 2013 no DIARIO OFICIAL DE GALICIA a “Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, para a súa preparación e participación en competicións deportivas”.

O prazo de presentación das solicitudes no rexistro da Fundación Deporte Galego rematará o vindeiro venres 29 de novembro, valorándose os resultados acadados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012, ámbolos dous incluídos.

A instancia de solicitude e a documentación correspondente poderá presentarse de dous xeitos:

 

  • No Rexistro da Fundación Deporte Galego: Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 4 (15781 Santiago de Compostela).
  • Mediante correo certificado, nos termos previstos no Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais.

Non se admitirán as solicitudes presentadas noutros rexistros distintos dos arriba mencionados.

A documentación a presentar por todos os/as solicitantes é a seguinte:

        Anexo 2. Instancia de solicitude de axuda

        Anexo 3. Certificado da federación.

        Anexo 4. Declaración doutras axudas do ano 2013

        Anexo 5. Memoria 2012

        Anexo 6. Proxecto deportivo 2013 ou 2012/13

        Anexo 7. Ficha solicitude transferencia bancaria

        Copia do DNI (ou marcar SÍ no anexo 2, apartado AUTORIZACIÓN COMPROBACIÓN DATOS)

        3 certificados de estar ao corrente de obrigas con:

a..1        Axencia Tributaria Estatal (AEAT)

a..2        Seguridade Social

a..3        Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

 

Anuncio Axudas DGAN 2013

 

Bases Axudas DGAN 2013

 

ANEXOS PARA CUBRIR AXUDAS DGAN 2013

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...