Boa actuación dos pentatletas galegos na Copa de Europa de Sant Boi de Llobregat

1 de Maio de 2017

A selección galega participou esta fin de semana na Copa de Europa de Sant Boi de Llobregat, cunha magnífica actuación das e dos nosos deportistas.

Na categoría infantil, Mercedes Vila acadou a medalla de ouro, mentres que Claudia Gámez foi prata. Ademais, en benxamín feminina Mireia Vázquez Liz foi segunda, mentres que na mesma categoría Manuel Cobas Dobarro foi sexto.  Por último, sinalar que Andrea Vidal foi vixésima en cadete feminino.

Galicia tamén participou na proba de relevos mixtos coa participación de Mireia Vázquez Liz e Manu Cobas Dobarro, que acadaron a medalla de bronce. Así, boa actuación galega na Copa de Europa de Sant Boi,con máis de 250 participantes.

A selección galega participara a próxima fin de semana en Leiria, Portugal. Esta será a última competición antes do Campionato de España por Comunidades Autónomas en Santander en tres semanas, onde Galicia buscará o podio.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...