Bos resultados dos equipos galegos en Alcobendas

Alcobendas Cidade De Lugo Fluvial

30 de Abril de 2021

A fin de semana pasada celebrouse en Alcobendas a primeira e segunda xornada da Liga Nacional de Clubes de Duatlón que organiza a Federación Española de Tríatlon, con uns moi bos resultados para os equipos galegos que participaron no evento.

No Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo por equipos, na categoría élite feminina, o Cidade de Lugo Fluvial acadou a primeira posición por diante do Saltoki Trikideak e o Náutico de Narón. Na proba tamen participaron os clubes galegos, Tri-Penta Terras de Lugo, o Olímpico de Vedra e o Inforhouse de Santiago que competiron cun amplio cartel de participantes.

Alcobendas Cidade De Lugo Fluvial

Foto de Triatlon.org

Na categoría masculina o Cidade de Lugo Fluvial acadou a 4 posición nunha proba cun nivel moi alto de participantes. O Tríatlon InforHouse de Santiago (15), Tríatlon Ferrol (22), Náutico de Narón (19), Tríatlon Arteixo (31), Olímpico de Vedra (35), Tríatlon Compostela (36), Tríatlon Poio (42), Tri-Penta Terras de Lugo (48), Jealsa Tríatlon Boiro (58), C.D. La Purísima (64)  foron os demáis equipos galegos que participaron na proba élite masculina.

Na segunda xornada en Alcobendas, o turno foi para as probas élite por relevos. Na categoría élite feminina as chicas do Cidade de Lugo Fluvial acadaron a victoria, nunha proba moi competida. O equipo de relevos do Náutico de Narón chegou na cuarta posición. Tamén foron da partida os relevos do Tri-Pentas de Lugo, Inforhouse de Santiago e o Olímpico de Vedra.

Na categoría élite masculina, o relevo do Cidade de Lugo Fluvial acadou a segunda posición por detrás do Isbilya, nun apretado final. Tamen participaron nesta categoría o InforHouse de Santiago, o Tríatlon Ferrol, o Náutico de Narón, o Tríatlon Arteixo, o Tríatlon Compostela, o Tríatlon Poio, o Tri-Penta de Lugo e o Jealsa Tríatlon Boiro.

Ademáis das probas élite, celebráronse probas OPEN nas diferentes categorías e as probas de TALENTO, cumplíndose en todo momento o protocolo COVID da Federación Española de Tríatlon.

CLASIFICACIÓNS ALCOBENDAS 2021

Quizáis che interese…